NA PONTE é un traballo colectivo que Ponte...nas ondas! edita camiño dos 20 anos da súa existencia. Unha experiencia inédita que ten acadado importantes avances nos diferentes ámbitos da súa actuación.

NA PONTE é unha obra que suma moitas vontades: do alumnado, do profesorado, dos profesionais dos medios de comunicación, das emisoras de radio, de investigadores, antropólogos, educadores, "portadores/as do patrimonio"...

Ao longo destes anos, Ponte...nas ondas! foi producindo e creando materiais en diversos formatos. Forman parte deste traballo, Gravacións, textos, debuxos, fotografías, cancións, expresións do patrimonio común galego-portugués...un universo patrimonial que se foi realizando en diferentes momentos e contextos: aulas de escolas e institutos, teatros e salas de concertos, estudos de radio, museos, prazas e espazos públicos. Estes materiais teñen tamén teñen procedencias diversas: Galicia, Brasil, Angola, Mozambique ou Portugal

Un auténtico traballo coral que xunta as voces da amizade, as voces do patrimonio común, da nosa identidade. Un diálogo interxeneracional que que agora se mostra nas voces dos seus protagonistas.