1

Na Ponte ao Vivo! trasladouse o pasado luns 4 de xaneiro ao Auditorio Mar de Vigo. Todo o equipo de Na Ponte ao Vivo!, dirixido polo locutor Xurxo Souto, fixo que os rapaces e rapazas viguesas pasasen un día do máis entretido descubrindo o mundo da radio.

Ler máis: Na Ponte ao Vivo! estivo este nadal en Vigo

O pasado día 2 de decembro Na Ponte ao vivo! estreou o seu espectáculo, no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia (Culturgal), cun éxito rotundo. O protagonista absoluto desta actividade é o público e o que alí se atopaba deu mostras de gozar con esta actividade. Bailaron, cantaron e sentíronse profesionais da radio por un intre.

Sentímonos orgullosos de Na Ponte ao vivo!, do seu condutor Xurxo Souto e de todos os que pasaron esta tarde de domingo connosco. Aquí vós deixamos unha pequena mostra, de seguro que cando remate o vídeo todos desexades que Na Ponte ao vivo! chegue a vosa localidade. Seguro que alí estaremos antes ou despois.

 

Xurxo Souto"Na Ponte ao Vivo" é unha actividade lúdica, enfocada ao público infantil-xuvenil, que consiste na escenificación dun programa de radio en directo. Para o cal se monta un escenario que imita un aparello de radio, dentro do que se realiza un programa radiofónico, con proxección audiovisuais, dirixido por Xurxo Souto e no que os cativos poderán participar e descubrir a mundo da radio de preto.

O estrea do espectáculo NA PONTE AO VIVO! foi un éxito rotundo no Culturgal. O espazo “O cuarto dos nenos”  acolleu o domingo 2 de decembro a primeira das representacións desta actividade que, o longo do próximo ano, pretende recorrer Galicia e Portugal. Os nenos gozaron da experiencia e non dubidaron en sentarse na mesa de locución para acompañar a Xurxo Souto na condución do programa.

 NA PONTE 1  NA PONTE 2   

NA PONTE 3  NA PONTE 5

 

NA PONTE AO VIVO! é unha experiencia “radiovisual” ao vivo creada por Ponte…nas ondas!, PAI Música e Casa de Tolos.  Unha actividade dirixida á mocedade a través da que pretendemos achegalos, dun xeito lúdico e divertido, ao mundo da radio, do audiovisual e das TICs. Baixo a dirección do locutor Xurxo Souto os rapaces e rapazas vivirán e participarán na realización e escenificación dun programa de radio en directo.