Na Ponte ao Vivo! estivo este nadal en Vigo

1

Na Ponte ao Vivo! trasladouse o pasado luns 4 de xaneiro ao Auditorio Mar de Vigo. Todo o equipo de Na Ponte ao Vivo!, dirixido polo locutor Xurxo Souto, fixo que os rapaces e rapazas viguesas pasasen un día do máis entretido descubrindo o mundo da radio.

Durante unha hora os máis pequenos desfrutaron do programa e das actuacións en directo. As súas caras de sorpresa e interese son para este proxecto a maior recompensa.

Os sorrisos dos nenos e nenas nestas primeiras actuacións están deixando en nós unha marca especial. E estamos seguros de que, ao longo deste ano, serán moitos as persoas nas que veremos eses sorrisos como público de Na Ponte ao vivo!